Incio
 
O espazo miramemira
 
Exposicións
Actividades
 
 

 

Durante a súa viaxe por Europa entre os anos 1803 e 1805 Arthur Schopenhauer vai ter a oportunidade de ver o mundo desde arriba. Ascende ao Chapeau, ao Pilatus e ao Schneekoppe, relatando as súas experiencias tanto nos seus diarios de viaxe, como posteriormente nas súas Leccións sobre metafísica do belo  ¾que ditaría na Universidade de Berlín, polo visto nun aula case baleira¾ . Entre as súas anécdotas, contan que ao atravesar os Alpes, as mulleres que ían nos carruaxes corrían as cortinas e pechaban as pernas ante a voluptuosidade da paisaxe. Separadamente da súa coñecida misoxinia, esta experiencia de coñecemento que relaciona a visión e a linguaxe, vaise a ir transformando radicalmente no tempo, digamos por exemplo, ata a cegueira que producirá a luz do mediodía en Blanchot, ou A escritura do desastre, sen astros.
Do mesmo xeito, a relación entre a paisaxe, a súa representación e os modos en que nos enfrontamos a el e interpretámolo, dun modo material, como corpo ou máquina, nunha fotografía ou nun filme, cambiou dun modo extremo.

En Sombra, Carla Andrade, expón unha inversión, que aporta á imaxe da paisaxe unha negatividade, é dicir, ver aquilo que non se ve, que non podemos tocar, pero que está aí, non soamente sombra como corpo exposto á luz, “ese suplemento intanxible de escuridade ao que se enfronta toda visibilidade nalgún momento”, en palabras de Didid-Huberman, senón tamén tempo, tempo suspendido e creo tamén que nalgún modo espectral, polo misterio que emana das imaxes.

Pero a fotografía, agora tamén se converteu en obxecto, un obxecto que é temporal que esta sometido á estrutura do tempo, a materialidade da película, do papel, afastando a nostalxia inherente á imaxe fotográfica e centrandose naquilo que está sucedendo, agora.

_ _ _ _ _ _ _ _

Carla Andrade (Vigo, 1983), é licenciada en comunicación audiovisual por a Universidade de Salamanca ó que hay que engadir os seus estudos en Filosofía e a formación que ten levado a cabo en distintas residencias artísticas como  en Kathmandu Contemporary Arts Centre (Nepal), ARNA (Art and Nature) Harlösa (Suecia) ou en Herhúsid, Siglufjörður (Islandia). Asimesmo ten exposto recentemente de modo colectivo no Museo Guggenheim de Bilbao, no Marco de Vigo, en Photoespaña ou no Centro Juan Carlos I de Nova Iork.

carlafernandezandrade.com

 
 
   
 
facebook espazomiramemira