Incio
   
O espazo miramemira
Exposicións  
Actividades
 

“¡Oh, tanto ynglés!”

(Comentario de un civil en la retirada francesa de Galicia. 1809)

 

¿Podemos alguna vez narrar sin moralizar?

(El contenido de la forma. Hayden White. 1987)

 

En 1809 ten lugar en Elviña unha batalla entre as tropas napoleónicas e un continxente militar inglés en retirada ao mando de Sir John Moore que finou na contenda e foi enterrado en A Coruña. Ningún dos dous bandos en conflicto resultou vencedor, segundo a historiografía militar; pero este acontecemento contribuiu ao incipiente despegue liberal da cidade coruñesa, instalándose no imaxinario colectivo como fito esencial.

En Himnos olvidados examínanse as formas de representación histórica deste acontecemento, tomando o tema da guerra como contexto onde a figuración política e o discurso histórico foron tomando forma de maneira indistinta como feito fundacional. A memoria da guerra e os seus mitos (a víctima, o heroe, o arquivo, o sitio…) permiten vislumbrar de maneira bastante eficaz como a narratividade dos feitos reais convive co relato épico dos feitos imaginarios. Himnos olvidados forma parte así dun xogo de tensións entre historia e vida; lei e desexo; realidade ou fición; onde unha orde social foi xenerado unha narrativa particular sobre o seu pasado.

X. Lois Gutiérrez Faílde

 
Contacto
 
 
 
 
 
   
     
 

 
 
 
facebook espazomiramemira inicio inicio o espazo exposicións actividades contacto