Incio
 
O espazo miramemira
Exposicións
Actividades
Contacto
 
   
 
 
 

Damián Ucieda (A Coruña, 1980) formado entre a Escola Massana de Barcelona e o Edinburg College of Art, parte na súa fotografía da creación de escenarios nos que a acción que se desenvolve responde a unha montaxe premeditada.

Herdeiro do modo de traballar de fotógrafos como Jeff Wall, Lorca diCorcia, Andreas Gursky ou Thomas Struth, Ucieda é un fotógrafo do instante, de instantes perfectamente preconcibidos nos que nada queda ao azar. Situacións creadas coa firme convicción de amosar momentos probables, sen dúbida, pero que agochan escenas nas que a interpretación do espectador xoga un papel esencial. Cun traballo que, malia a súa curta idade xa forma parte dunha nova escola de fotógrafos a nivel internacional, podemos atopalo en importantes coleccións de arte e nos certames e mostras colectivas máis importantes.

Abrila caixa das polaroids é desvelar o xeito no que Damián Ucieda leva a cabo o seu traballo. Fotógrafo do instante, de instantes perfectamente preconcibidos nos que nada queda ao azar. Situacións creadas coa firme convicción de amosar momentos probables, sen dúbida, pero que agochan escenas nas que a interpretación do espectador xoga un papel esencial.

Recordar a Jeff Wall, a Lorca diCorcia ou a nomes da escola alemá como Andreas Gurksy ou Thomas Struth xa se converte en obrigatorio cando falamos do seu traballo, non obstante, lonxe dos inevitables referentes, todo cobra un sentido especial cando atopamos nesta pequena caixa decenas de imaxes nas que descubrir dun xeito case máxico os instantes que preceden ao clic definitivo.

A disposición formal dunha fotografía non explica nada. Os acontecementos retratados son misteriosos en si mesmos ou explicables segundo o coñecemento que o espectador teña deles antes de ver a fotografía. Así o ve John Berger, e se por algo se caracteriza é por explicalo dun xeito sinxelo, que como as imaxes de Ucieda chegue ao espectador. Non se trata de xerar momentos que se caractericen pola súa espectacularidade, senón xogar a recrear escenas que desconcerten pola súa verosimilitude, pero con ese punto de incerteza que pode rompelo equilibro en calquera instante.

Polaroids é a parte que non se ve, bosquexos que forman parte do traballo deste fotógrafo. Así as súas imaxes poderían supor un fotograma dun filme, non obstante a única testemuña do antes e o despois son estas instantáneas. Non existe unha secuencia, a imaxe é única e a escena prodúcese con esa finalidade, coa de facer unha única toma, arriscándose a que o revelado sexa o determinante.

   
     
   
 
 
 
   
 
facebook espazomiramemira inicio o espazo inicio inicio o espazo inicio o espazo inicio actividades contacto exposicións o espazo o espazo o espazo exposicións o espazo actividades exposicións culturadeseu culturagalega Dardo Atalaia Entrevista Zigzag Tendencias web Damian Ucieda Entrevista Diario Cultural actividades exposicións actividades actividades actividades contacto contacto contacto contacto contacto